Escoitar

As 4.000 prazas dos campamentos municipais de verán poden solicitarse ata o 31 de maio

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publica este venres a apertura do prazo de inscrición no programa “Verán Xove 2023” desde mañá sábado, 20 de maio, e ata o 31 de maio. Poderá facerse a través da web www.campamentos.xuventudevigo.org

venres, 19 mai 2023
Foto de arquivo de Caballero durante a visita ao campamento de verán nas Travesas en 2022
Foto de arquivo de Caballero durante a visita ao campamento de verán nas Travesas en 2022

O alcalde informou este venres da apertura do prazo de solicitude dos campamentos infantís de verán que organiza o Concello para a mocidade de entre 4 e 17 anos. A oferta deste ano acada as 4.000 prazas en diferentes espazos da cidade co obxectivo de facilitar a conciliación da vida familiar, persoal e laboral das familias de Vigo. O orzamento supera o medio millón de euros.

O prazo de inscrición abre este sábado, 20 de maio, e poderá realizarse a solicitude ata o vindeiro 31 de maio na web www.campamentos.xuventudevigo.org. A asignación de prazas, tal e como recollen as bases da convocatoria, realizarase por sorteo.

Abel Caballero numerou os distintos emprazamentos e o número de prazas dos campamentos infantís deste verán: Alcabre (250), Berbés (250), Náutico en Bouzas (325), Coia (325), Doutor Fleming (250), Náutico na ETEA (400), Casa da Xuventude (100), Ludo Coia (100), Lavadores (250), Navia (325), Samil (250), Urbano de Travesas (500), Vigosónico (325), VigoZoo (250) e o Albergue en VigoZoo (100).

Biblioteca Mar de Vigo

O Concello amplía o horario da biblioteca do Auditorio Mar de Vigo con motivo da temporada de exames. Desde este venres 19 de maio ata o 14 de xuño a aula con 400 prazas abrirá todos os días da semana desde as 9 da mañá ata a medianoite, tres horas máis do habitual.

Descargar todas as imaxes