Escoitar

Os museos municipais amplían o seu horario con motivo da Semana Santa

Abrirán de 10 a 14 e de 17 a 21 horas desde o xoves 6 ata o domingo 9 de abril. O MARCO manterá o seu horario habitual. Seguen a subir as reservas nos hoteis de Vigo nas últimas horas cunha ocupación media para o fin de semana que xa supera o 75%.

mércores, 5 abr 2023

A Rede de Museos Municipais amplía os seus horarios con motivo da Semana Santa. Deste xeito, poderanse visitar o Museo Municipal Quiñones de León, o Verbum, a Pinacoteca, a Casa Galega da Cultura e a Casa das Artes en horario de 10 a 14 e de 17 a 21 horas. O MARCO manterá o seu horario habitual, de 11 a 14:30 horas e de 17 a 21 horas, o domingo solo estará aberto en horario de mañá.

O alcalde deu conta do avance nas reservas nos hoteis de Vigo para a Semana Santa, “superando xa o 75%”, informou en rolda de prensa. Algúns hoteis xa rexistran o 100% de ocupación o Venres Santo.

Vigo gozará estes días das procesións de Semana Santa, o programa Maxia de Rúa, o Birraseto e outras actividades sociais e culturais.

Descargar todas as imaxes