O alcalde recibe ao Celta Zorka, clasificado para disputar a fase de ascenso
Abel Caballero mantivo un encontro este martes co presidente do club, Carlos Álvarez, e coa adestradora do equipo Cristina Cantero, a quen acompañaba Julio Bernárdez, presidente da Federación Galega de Baloncesto. Trasladáronlle ao rexedor a planificación que manexan para xogar a fase de ascenso á primeira división da liga Endesa de baloncesto feminino.
![Abel Caballero durante a reunión celebrada hoxe no Concello](https://xornal.vigo.org/storage/images/opt/1iispxC07KYPjMZHw7oCjx9zh5hy6OFtaxwLujco.jpeg)