A Xerencia de Urbanismo acorda a cesión de tres propiedades para mellorar a senda do Lagares
O alcalde deu conta desta cuestión, aprobada na xuntanza desta mañá, e que permite mellorar o proxecto da senda do Lagares entre Manuel Álvarez e a Avenida de Madrid.
Abel Caballero deu conta das tres propiedades cedidas ao Concello por parte de tres particulares para a mellora do proxecto da senda do Lagares. Estes acordos foron aprobados este martes na Xerencia de Urbanismo. Trátase dunha finca na Avenida Lavadores nº 70, outra entre os números 93 e 95 e unha última en Gandarón 28.
O alcalde destacou o interese e utilidade pública da cesión que se incorporan ao proxecto do paseo entre Manuel Álvarez e a Avenida de Madrid. A senda do Lagares terá 11,3km e está orzamentada en 1,2 millóns de euros.