Vigo recibirá 3 millóns de euros do Goberno de España para a reforma do Concello
O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana publicou a resolución provisional da Liña 2 da convocatoria de Axudas á Rehabilitación de Edificios Públicos no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado con fondos europeos Next Generation EU.
Vigo recibirá 3 millóns de euros do Goberno de España para a reforma do edificio do Concello da Praza do Rei. O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana resolveu favorablemente ao proxecto presentado polo goberno local para a mellora da eficiencia enerxética, sostibilidade e habitabilidade dos espazos destinados á atención ao público.
Abel Caballero informou que as obras da torre terán que estar rematadas antes do 31 de marzo de 2026, seguindo os prazos marcados por Europa. O Concello agora ten que encargar o concurso de ideas para seleccionar a mellorar opción para a reforma integral do edificio do Concello.