O alcalde recibiu ao reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa
Dende a Universidade propuxéronlle ao rexedor varias accións de apoio ao Congreso Ciencia Aberta

Abel Caballero mantivo un encontro este mércores con Manuel Reigosa, reitor de la Universidad de Vigo, e con Belén Rubio, vicerreitora de Investigación.
Neste encontro os membros do órgano de goberno da universidade expresáronlle ao alcalde a importancia do Congreso Ciencia Aberta, que se celebra na cidade os vindeiros 14, 15 e 16 de xuño. Ademais, propuxeron varias accións de apoio dende o Concello.