A Xerencia de Urbanismo aprobará a cesión de uso dunha propiedade particular para a senda do Lagares
O alcalde deu conta desta cuestión, que se aprobará o vindeiro martes, que facilitará a execución das obras da senda peonil do río Lagares.
A Xerencia de Urbanismo aprobará a cesión ao Concello do uso dunha propiedade particular en Sárdoma para a execución das obras da senda peonil do río Lagares.
A Comunidade de Propietarios do Polígono de Miraflores- Sárdoma-Moledo, titular dun terreo de 25.640 metros cadrados, cede ao Concello o uso de 498,66 metros cadrados de superficie da mesma parcela e autoriza a súa apertura ao uso público, unha vez finalizadas as obras.
Como aclarou o rexedor, “nese tramo do río non hai paseo, nestes momentos é un vial que forma parte dos viais para camións e coches do Polígono de Miraflores”. Con esta cesión, avanzará o paseo pegado ao río e separando a mobilidade de vehículos e de peóns, aumentando a seguridade. O Concello executará a totalidade das obras e delimitará os terreos cedidos con barreira de protección e bolardos de madeira.