A “mellor edición” da historia da Festa da Brincadeira de Bouzas será do 9 ao 11 de maio

venres, 14 feb 2025

A Festa da Brincadeira de Bouzas crece. Este ano contará con 150 postos de gastronomía máis actividades culturais, e con máis espazo ao estenderse á contorna do adro da Igrexa e do paseo marítimo. “Estableceuse como unha das grandes festas de Vigo e de Galicia”, afirmou este venres o alcalde ao presentar o programa da “gran romaría” urbana que terá lugar a fin de semana do 9 ao 11 de maio.