Escoitar

India Martínez, en Castrelos o 16 de agosto

O alcalde avanzou a terceira data do cartel de concertos deste verán no auditorio ao aire libre. A fusión flamenco-pop da artista cordobesa encherá Castrelos o día de San Roque.

xoves, 27 feb 2025

Nova cita confirmada para o verán de Castrelos: India Martínez traerá á cidade o seu directo o vindeiro 16 de agosto, un sábado. “Unha cantautora da maior importancia”, apunta Caballero, engadindo que está considerada unha “autoridade” na fusión do flamenco e o pop, un estilo que foi construíndo ao longo de máis de 20 anos de traxectoria musical na que suma 9 discos publicados.

A cantante e compositora cordobesa acadou o disco de platino e de ouro co álbum “Trece verdades”, amais foi candidata aos premios Grammy Latinos por “Despertar” e, na actualidade, ten máis de 4 millóns de oíntes mensuais en Spotify e case 2 millóns de seguidores en Instagram.

Descargar todas as imaxes