Escoitar

Caballero pon en valor as catro décadas de traballo de Érguete

O alcalde inaugurou hoxe a mostra "A pegada das nais de Érguete, un berro que cambiou a sociedade", que conmemora o 40 aniversario da ONG dedicada a loitar contra o narcotráfico e os narcotraficantes, e pola integración dos drogodependentes. A exposición permanecerá aberta ata o próximo mes de xuño no Museo de Arte Contemporánea. A presidenta de Érguete, Carmen Avendaño, participou na presentación da mostra que recolle "o valor, a forza o carácter e a capacidade de reaccionar" das mulleres que hai catro décadas "desde a dor polos vosos fillos e da xente nova", se organizaron contra a droga, segundo recalcou Abel Caballero.

xoves, 27 feb 2025
Descargar todas as imaxes