Escoitar

O Concello reforzará o transporte público durante o Entroido con servizos especiais nocturnos

O Concello reforzará o servizo nocturno de transporte público urbano durante a celebración do Entroido, segundo anunciou hoxe o alcalde. O venres 28, o sábado 1 e o luns 3 de marzo estarán operativas as liñas nocturnas N1, N4 e C1.

xoves, 27 feb 2025

Abel Caballero explicou que tamén haberá un reforzo especial da liña circular C1, xa que duplicará frecuencias, cun paso cada 15 minutos.

O alcalde destacou a “extraordinaria” acollida entre a cidadanía do servizo nocturno de autobús, como se constata cos 84.000 viaxeiros desde xuño do ano pasado e 1.100 a pasada festa de San Valentín.

Durante os venres, sábados e vésperas de festivos mantéñense en servizo as liñas N1, N4 e C1. “O servizo nocturno é comodidade, rapidez e seguridade”, recalcou o alcalde.

Descargar todas as imaxes