Escoitar

O Concello presenta o proxecto Alcabre Verde á convocatoria da Fundación Biodiversidade

O alcalde explicou que o goberno local presenta o proxecto Alcabre Verde á convocatoria da Fundación Biodiversidade, dotada cos fondos europeos FEDER, e solicita una subvención de 3.500.000 euros. A principal actuación consiste na transformación da Avenida de Europa nun corredor verde con carril bici.

mércores, 26 feb 2025

O Concello solicita 3,5 millóns na convocatoria da Fundación Biodiversidade para o proxecto Alcabre Verde, co que se quere mitigar os efectos paisaxísticos e ambientais da zona e mellorar a conectividade ecolóxica e social de Alcabre e Navia. O proxecto Alcabre Verde o Concello aposta pola naturalización e conectividade de Alcabre e Navia. O obxectivo é mitigar os efectos paisaxísticos e ambientais da zona dun xeito sostible e integrado na contorna.

Segundo manifestou Caballero, a actuación principal e a continuación do corredor ecolóxico e sostible pola Avenida de Europa, cun carril bici que da continuidade ao da Avenida Castelao. Amais, haberá una renaturalización da zona litoral de Alcabre, con mellores conexións e zonas verdes. O proxecto busca humanizar a cuberta da VG-20 entre a Avenida Atlántica e a rotonda do Colexio Amor de Dios con novos paneis vexetais, reforestación das cubertas e conectividade peonil, tamén mellorar as conexións na paisaxe de Alcabre e o parque de Navia.

Descargar todas as imaxes