Escoitar

23 comparsas levarán o Entroido ás rúas da cidade este sábado 1 de marzo

O alcalde, acompañado de cinco cabezudos, presentou este martes a programación do Entroido que encherá as rúas da cidade de actividades desde este venres, 28 de febreiro, e ata o mércores, 5 de marzo.

martes, 25 feb 2025
Momento da presentación da programación
Momento da presentación da programación

“Será un Entroido excepcional” avanzou o rexedor, ao dar conta da programación prevista para os próximos días na cidade. Do 28 de febreiro ata o 5 de marzo, desfile de comparsas, animación de rúa, concertos, actividades infantís... “unha semana de mobilización entroideira con actividades para pública adulto e infantil”.

O alcalde adiantou que o desfile do Entroido que se celebrará este sábado, 1 de marzo, contará con 23 comparsas. A saída está prevista ás 18:00 horas desde a rotonda de Isaac Peral. Amais, augura que os concertos de Fillas de Casandra, o venres ás 22h na Porta do Sol), e do Grupo América de Vigo (o luns ás 22h) serán un éxito.

“Seguiremos con fórmulas para que Vigo estea sempre na proa do nivel de atracción turística e na proa da diversión da cidadanía viguesa”, apuntou nunha presentación na que participaron a concelleira de Festas, Patricia Rodríguez, Camilo Pais, presidente da Federación de Peñas Recreativas El Olivo, e Marcos Castro, en representación da Agrupación de Centros Culturais e Deportivos de Vigo.

Programación do Entroido 2025

•Venres, 28 de febreiro:

◦ Animación de rúa (18:30h a 20:30h. Príncipe, Porta do Sol e Policarpo Sanz

◦ Entronización do Meco (20:30h)

◦ Concerto de Fillas de Cassandra (22:00h)

• Sábado, 1 de marzo

◦ Animación de rúa (17:00h a 18:00h. Príncipe)

◦ Desfile de comparsas do Entroido 2025. A comitiva sairá ás 18:00h da rotonda de Isaac Peral e discorrerá por García Barbón ata a Porta do Sol

• Domingo, 2 de marzo

◦ Animación de rúa (12:00h a 14:00h. Príncipe e Porta do Sol)

◦ Animación de rúa (17:00h a 19:00h. Príncipe e Porta do Sol)

◦ Actuacións infantís (17:00h e 18:00h)

◦ Chocolatada (a partir das 17:00h en Porta do Sol)

• Luns, 3 de marzo

◦ Obradoiros: máscaras, pintacaras... (17:00h a 20:00h. Porta do Sol). En caso de choiva celebrarase no Auditorio Municipal

◦ Animación de rúa (17:00h a 19:00h. Príncipe)

◦ Grupo América de Vigo (22:00h)

• Martes 04 de marzo

◦ Concurso de disfraces (a partir das 17:30h. Porta do Sol). As inscricións realizaranse o propio martes 4 desde as 16:30h. Haberá dúas categorías: infantil e infantil por grupos (ata 13 anos) E individual xeneral e grupos(a partir de 14 anos). O xurado fará públicos os premios ao final do concurso na Porta do Sol

◦ Concerto animación de rúa. Primeiro pase ás 20:00h, segundo pase ao finalizar a queima do meco

• Mércores, 5 de marzo

◦ Exequias funerarias (18:00h)

◦ Desfile e acompañamento das comparsas da comitiva fúnebre. Itinerario: Policarpo Sanz, Travesía de Príncipe, rúa Príncipe, Urzáiz e remate en Policarpo Sanz. Lectura da acta do xurado dos concursos (19:30 horas)

 

Momento da presentación da programación
Cartel do Entroido 2025
Descargar todas as imaxes