Caballero felicita a Women in Retail pola súa implantación en Galicia
O alcalde acudiu ao evento de presentación da comunidade profesional Woman in Retail en Galicia, unha agrupación de 300 mulleres líderes na industria retail en máis de 17 sectores. Caballero celebrou o seu labor nas cidades: "Quero un modelo de cidade no que o retail ocupe o seu espazo", expresou nas xornadas ante un centenar de persoas no salón do Real Club Náutico. O rexedor felicitou á organización e agradeceu a súa forma de facer economía con moita calidade.


