Escoitar

Vigo dedica 87.000 euros á programación do Entroido

A Federación de Peñas Recreativas “El Olivo” e a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais” recibirán do Concello de Vigo unha subvención de 87.000 euros para organizar os actos do entroido de 2025. "Que teñan medo e que se preparen Cádiz e Río de Janeiro que imos a por eles", recalcou.

venres, 21 feb 2025

Abel Caballero lembrou hoxe que entre a programación deseñada para o próximo Entroido destaca, o venres 28 de febreiro, o concerto gratuito que ofrecerá na Porta do Sol o grupo “Fillas de Casandra”. A este sumarase a actuación, o luns 3 de marzo, da Orquestra América, tamén na Porta do Sol.

As comparsas desfilarán o sábado 1 de marzo a partir das 18.00 horas desde a rotonda de Isaac Peral, para discorrer por García Barbón ata a Porta do Sol.

O martes 4 terá lugar o concurso de disfraces na Porta do Sol, a partir das 17,30 horas.

Descargar todas as imaxes