martes, 18 febreiro 2025

A Casa das Artes acolle a mostra antolóxica de Francisco Torrón "Silencio roto"

martes, 18 feb 2025

O alcalde inaugurou este martes na Casa das Artes a mostra antolóxica “Silencio Roto” do pintor e restaurador Francisco Torrón . “A exposición, que permanecerá aberta ata o 20 de abril, combina unha forma excepcional de entender a pintura e a arte” e a continuidade da saga da familia Torrón co comisariado dirixido polo neto do artista, destacou Abel Caballero.

As xornadas culturais “Diálogos abertos. Trazando liñas de bambú” poñen en valor as relacións entre Vigo e Portugal

martes, 18 feb 2025

A tenente de alcalde e delegada da Área de Cultura, Carmela Silva, acudiu á inauguración das xornadas que poñen de manifesto as relacións culturais entre Vigo e Portugal. O MARCO foi o escenario da xornada, “Diálogos abertos. Trazando liñas de bambú” onde se abordaron distintos eidos de conexión entre Galicia e Portugal con participantes técnicos e expertos culturais de Viana do Castelo, Vilanova de Cerveira, Porto e Lisboa.

Alumnos de sexto de primaria do CEIP Seis do Nadal participan hoxe no programa "Visita o teu Concello"

martes, 18 feb 2025

O alcalde e a concelleira de Educación saudaron este martes, no salón de Plenos do Concello, as 49 alumnas e alumnos de sexto de Primaria do CEIP Seis do Nadal que participan no programa didáctico "Visita ou teu Concello". Abel Caballero explicou aos escolares o funcionamento da Casa Consistorial e a transcendencia das decisións municipais no desenvolvemento da cidade. O estudantado percorre as dependencias dos distintos servizos municipais para coñecer o seu funcionamento. O programa achega a actividade municipal a máis de 2.500 escolares da cidade.