Escoitar

O goberno municipal pavimentará catro rúas do barrio de Casablanca

O alcalde anunciou que a Xunta de Goberno deu luz verde á renovación da calzada das rúas Brasil, Cuba, Santo Domingo e Guatemala. O goberno local tamén aprobou unha partida de 173.000 euros para o mantemento das novas zonas verdes da cidade.

venres, 14 feb 2025

Abel Caballero deu conta da aprobación na Xunta de Goberno do proxecto para a pavimentación de catro rúas no barrio de Casablanca cun importe de 100.000 euros. “Unha actuación consistente”, afirmou o rexedor, que suporá a renovación do firme nas rúas Brasil, Cuba, Santo Domingo e Guatemala. “Imos deixar as rúas en condicións óptimas para o tráfico e os cruces de peóns”.

Tamén o alcalde informou que o Concello ampliará as zonas de mantemento de parques e xardíns. Serán 163.000 euros máis para atender as novas zonas humanizadas da cidade. Calvario, Alcabre, Castrelos, o centro da cidade, Coia, Comesaña, Lavadores, Oia, Saiáns, San Roque, Teis e a contorna do río Lagares. “Temos un servizo de parques e xardíns magnífico e continuaremos facéndoo co máximo nivel de calidade”, concluíu.

Descargar todas as imaxes