luns, 10 feb 2025
                    O alcalde felicitou hoxe á organización das “X Xornadas sobre Tecnoloxías e Solucións para a Automatización Industrial”, que reúnen na Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo, desde hoxe ata o 14 de febreiro, aos protagonistas dos últimos avances tecnolóxicos aplicados a distintos ámbitos industriais e sociais.
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    luns, 10 feb 2025
                    A Xunta de Goberno Local vén de dar luz verde ás bases e á convocatoria das subvencións para as actividades que desenvolveron as entidades deportivas sen ánimo de lucro da cidade na temporada 2024/2025.
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    luns, 10 feb 2025
                    Abel Caballero recibiu este luns aos dous novos mandos policiais da comisaría de Vigo, Luís Francisco Hombreiro Noriega, xefe local de operacións e Miguel Ángel Díaz Suárez, xefe da brigada local da Policía Xudicial. Durante a visita, os cargos recentemente incorporados ao persoal, estiveron acompañados polo comisario xefe, Ramiro José Gómez.
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    luns, 10 feb 2025
                    O museo Verbum acolle mañá, martes 11 de febreiro, as actividades programadas polo Concello para conmemorar o “Día Internacional da Muller e a nena na Ciencia", segundo avanzou o alcalde.
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    luns, 10 feb 2025
                    Caballero animou a todos os amantes dos vehículos clásicos e de colección a achegarse a próxima fin de semana ao recinto feiral de Vigo. O Salón Retro Galicia contará con modelos emblemáticos, marcas lendarias e figuras clave do automobilismo.
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    luns, 10 feb 2025
                    Abel Caballero puxo en valor este luns  o traballo desenvolvido pola Fundación Igualarte ante os 182 alumnos de terceiro e cuarto da ESO de cinco centros docentes que asistiron ao espectáculo de danza "Emovere", que tivo lugar no Auditorio Municipal. O alcalde aseguroulles que "o mellor da cidade sodes vós" e que "agora temos orgullo desta cidade". O estudantado dos IEs Castelao e Teis, dos CPR Andersen e Alba, e do Colexio San José da Guía, asistiron ao espectáculo posto en escena pola compañía "Combai".