Escoitar

O Concello inviste preto dun millón de euros na frota de vehículos dos parques de bombeiros

O alcalde anunciou hoxe que os parques de bombeiros de Teis e Coruxo contarán con seis novos vehículos, incluído un novo furgón dotado con nove prazas para trasladar efectivos en intervencións complexas e de longa duración.

venres, 7 feb 2025

Abel Caballero explicou que a Xunta de Goberno aprobou este venres investir 965.000 euros para renovar e ampliar a frota de vehículos dos parques de bombeiros de Teis e de Coruxo. “Isto significa que os dous parques de bombeiros terán novos vehículos e seguirán dotados cun material e unhas unhas capacidades de actuación que son o top que se poden ter nestes momentos nun parque de bombeiros do mundo ”, asegurou o rexedor.

O alcalde explicou que a renovación afectará a dous vehículos nodriza, así como a dous todo doterrenos catro por catro, e ao coche da xefatura. A estes súmanse a incorporación dun furgón para trasladar ata a 9 efectivos durante as inervencións de gran complexidade e de longa duración.

Descargar todas as imaxes