Vigo Emprega forma a 75 persoas desempregadas para favorecer a súa inserción laboral
Cun orzamento de case 900.000 euros, o Concello promove unha nova edición de Vigo Emprega coa contratación de 75 desempregados. Este programa formativo ten por obxectivo facilitar a inserción laboral dos seus participantes.
![](https://xornal.vigo.org/storage/images/opt/qHY16V5NmeWCDmzp1L79GL384Cq1kWyKpgjJQOTo.jpeg)
Abel Caballero achegouse esta mañá ás instalacións municipais de Santa Cristina de Lavadores onde están a traballar as 75 persoas que integran Vigo Emprega. Trátase dun programa de formación destinado á realización de obras ou servizos de interese municipal fomentando, ao mesmo tempo, a inserción laboral de persoas con especial dificultade.
Este itinerario de formación laboral, dotado con 896.000 euros, comezou en novembro e estenderase durante seis meses período no que os participantes perciben un salario.
Entre os postos para cubrir atópanse os de oficiais de albanel, electricistas, fontaneiros, carpintería de aluminio, xardinería, carpintería, condución e construción. Estes profesionales están acometiendo reformas en edificios públicos, mejoras medioambientales en zonas verdes ou eliminación de barreras arquitectónicas, entre outros.
![](https://xornal.vigo.org/storage/images/opt/qHY16V5NmeWCDmzp1L79GL384Cq1kWyKpgjJQOTo.jpeg)
![](https://xornal.vigo.org/storage/images/opt/87iVjTB65insVE4Sh1nKnX2gwsWW0MTBGV4K1DeW.jpeg)