O túnel da A-52 “será un gran nó de comunicacións que permitirá reducir tempos de percorrido e aumentar a seguridade”
O alcalde avanzou que o PXOM prevé zonas de realoxamento para os afectados pola construción desta “irrenunciable” infraestrutura aos que se lles ofrecerá a oportunidade de seguir vivindo na mesma zona ou de trasladarse. Insistiu en que a cidade leva 30 anos esperando por esta autovía, tendo en conta que o tramo Vigo- O Porriño é o punto negro máis “dramático” de toda España.
O rexedor lamentou no transcurso do seu relatorio no Círculo de Empresarios que “somos a única gran cidade de España sen autovía”, insistindo que o novo túnel que conectará a entrada sur á cidade con O Porriño é “irrenunciable para a cidade”. Baixo o título “El futuro económico de Vigo”, defendeu a nova infraestrutura como "un gran nó de comunicacións e distribución de circulacións" que permitirá reducir os tempos de percorrido e aumentar la seguridade, en contraposición coa actual autovía que, nos últimos 11 años, rexistrou máis de 3.000 accidentes, e na que faleceron 15 persoas desde a súa posta en marcha.
Segundo aclarou que a afección das obras no termo municipal de Vigo é de 22 vivendas, pero se reducirá a 15, mentres que en Mos, por onde discorrerán só 1,4 quilómetros en superficie, o impacto previsto en 7 vivendas baixará a 3. Con todo, subliñou, é preciso falar e atender aos damnificados para chegar a acordos. Ofreceráselles a oportunidade de permanecer na zona ou trasladarse, lembrando que o PXOM habilita zonas de realoxamento. “Haberá xente que teña que abandonar as súas casas polo ben común, temos que estar ao lado deles, o resto é política”.
Ao longo da súa intervención lembrou que nin o PP nin o BNG se opuxeron a outras grandes infraestruturas con maior impacto, como o PTL ou a Ronda que prevía o PXOM de 2008, con máis de 300 inmobles afectados. O Goberno de España está disposto a investir 400 millóns de euros neste novo tramo da A-52, e pese á oposición do PP e do BNG porque “Vigo leva 30 años" demandando unha nova autovía.
Abel Caballero avanzou que el novo túnel da A-52 poderá estar inaugurado en menos de 6 anos, dos que 2 anos e medio serán de tramitación administrativa e e 3 de execución de obra. O anteproxecto inclúe 6,1 quilómetros, dos que 4 serán en túnel, fronte aos 11 do trazado actual.
Sobre a gratuidade da AP-9 entre Vigo e O Porriño, Caballero advertiu de que no funcionaría como alternativa á autovía, e recalcou, en todo caso, que se trataría de pedir a gratuidade de todo o percorrido, de Ferrol a Tui.
Outras infraestruturas
Caballero aproveitou o seu coloquio no foro empresarial para referirse tamén á conexión ferroviaria directa Vigo – Madrid por Cerdedo. Este trazado é prioritario para a cidade e reducir así a viaxe á capital a menos de 3 horas. Logo de varios anos de paralización por gobernos estatais anteriores, esta conexión nestes momentos está “avanzando”. Trátase dun tramo de 45 quilómetros e un investimento de preto de 2.000 millóns.
Con respecto ao AVE Vigo-Porto, insistiu en que o Goberno mantén o compromiso de que o trazado español estea listo en 2030.