Escoitar

Abel Caballero recibe a Luar na Lubre, que abre a súa nova xira en Vigo

O 15 de febreiro o grupo de folk presentará no teatro Afundación o seu último traballo "Luar na Lubre XX. Encrucillada", un libro-disco que recolle algún dos seus temas emblemáticos e no que contan coas voces de Pablo Milanés, SÉS, Rosa Cedrón e outros artistas que colaboraron coa formación galega. Caballero felicitounos pola súa traxectoria, de case corenta anos, e por elixir Vigo para dar a coñecer o seu novo traballo.

mércores, 5 feb 2025
Descargar todas as imaxes