Escoitar

O Concello licita as ramplas mecánicas da rúa Pintor Colmeiro

Abel Caballero avanzou este xoves a licitación das obras das catro ramplas mecánicas da rúa Pintor Colmeiro, desde a rúa Álvaro Cunqueiro ata o centro de saúde, por un importe de 2,5 millóns de euros.

xoves, 6 feb 2025

O alcalde incidiu hoxe en que as ramplas mecánicas coas que se mellorará a mobilidade na rúa Pintor Colmeiro solventan unha parte importante da pendente desta vía ata o centro de saúde. Orzamentadas en 2.500.000 millóns de euros, as ramplas axudarán aos peóns a salvar unha pendente do 10 por cento, “absolutamente imposible”, explicou o rexedor.

Caballero detallou que as novas instalacións mecánicas contarán con cobertura superior, ademais dunha estrutura lateral. O proxecto integra a humanización deste tramo da rúa. A intervención conleva a reordenación de todo o espazo, ademais da mellora da accesibilidade, da seguridade viaria, do mobiliario urbano, da pavimentación e da iluminación ao contar con luces led. A isto sumarase o aumento das zonas verdes. “Unha gran humanización con ramplas mecánicas en Pintor Colmeiro”, concluíu o alcalde.

Descargar todas as imaxes