Escoitar

O voluntariado municipal paseará aos cans do refuxio

O alcalde anunciou que os paseos comezarán o 15 de febreiro e como novidade serán dúas veces á semana, mércores e sábados. Os interesados en facer esta actividade deberán estar inscritos no voluntariado municipal y facer un curso de formación o 19 de febreiro. A inscrición pode facerse no 010.

xoves, 6 feb 2025

Os cans do refuxio de A Madroa sairán a pasear dúas veces á semana a partir do 15 de febreiro, concretamente os mércores e sábados, respondendo así á demanda dos voluntarios e ao plan da empresa para promover as adopcións e mellorar a calidade de vida destes animais.

O alcalde explicou que as persoas voluntarias que fagan estas rutas deben facer un curso de formación o 19 de febreiro. Xa pode reservarse praza no 010.

Descargar todas as imaxes