O campo de fútbol de Bouzas terá unha nova cuberta
O alcalde anunciou que a Xunta de Goberno aprobou o proxecto para a remodelación integral da cuberta da grada do campo Baltasar Pujales cun importe de 303.000 euros.

O alcalde informou que a nova cuberta da grada do campo de fútbol Baltasar Pujales de Bouzas “será unha remodelación integral”. A Xunta de Goberno deu luz verde ao proxecto no que se prevé investir 303.000 euros e a obra terá un prazo de execución de 12 semanas.
Caballero explicou que se retirarán os elementos máis degradados para ter a nova cuberta, próxima ao mar, e polo tanto preparada e adaptada ao territorio. Amais, a nova grada terá tamén nova iluminación led e novas redes para a recollida de augas.
“Recentemente renovamos os vestiarios por valor de 47.000 euros e no ano 2019 investimos 370.000 no cambio do céspede”, lembrou o rexedor.
Tamén o goberno local investiu ao final do ano pasado 75.000 euros na renovación da cuberta do pavillón de Bouzas.