Escoitar

O goberno local inviste 4,1 millóns no corredor mecánico entre López Mora e Hispanidade

Abel Caballero deu conta do avance do corredor vertical que unirá a zona de López Mora coa de Hispanidade. O conxunto das ramplas mecánicas que se van instalar nas rúas Pintor Lugrís e Pintor Colmeiro ascende a 4,1 millóns.

luns, 10 feb 2025

Tal e como lembrou, o pasado venres licitouse a obra para a instalación de 4 ramplas mecánicas en Pintor Colmeiro, entre Álvaro Cunqueiro e Hispanidade, que arrancará o próximo mes de xuño. Cun orzamento de 2,5 millóns, esta infraestrutura axudará aos peóns a salvar unha pendente do 10 por cento, “absolutamente imposible”, explicou o rexedor. O proxecto integra a humanización de toda a rúa, a reordenación do espazo, ademais da mellora da accesibilidade, da seguridade viaria, do mobiliario urbano, da pavimentación e da iluminación.

Ao mesmo tempo, tamén está en marcha a humanización de Pintor Lugrís, onde se prevé a insalación de outras dúas ramplas mecánicas. Cun orzamento de 1,6 millóns, os traballos comezarán en marzo ou abril, cun prazo de execución de 12 meses aproximadamente.

Descargar todas as imaxes