O Concello dedica 1,1 millón de euros ás entidades deportivas sen ánimo de lucro
A Xunta de Goberno Local vén de dar luz verde ás bases e á convocatoria das subvencións para as actividades que desenvolveron as entidades deportivas sen ánimo de lucro da cidade na temporada 2024/2025.

O goberno de Vigo abre a convocatoria para a solicitude das axudas para as entidades deportivas sen ánimo de lucro da cidade, que teñen un importe de 1.100.000 euros, e das que o ano pasado se beneficiaron 216 entidades viguesas.
A previsión municipal, segundo explicou o alcalde, é que o número de entidades medre nesta convocatoria, téndose incrementado xa a contía dedicada ao deporte nos dous últimos anos. “Seguimos apoiando os proxectos que fomentan e promoven a práctica do deporte en numerosas disciplinas en toda a cidade”.
Vestiarios campos de fútbol
O goberno municipal está estudando o informe que encargou para a remodelación dos vestiarios de todos os campos de fútbol da cidade. “Queremos que estean modernizados e preparados”, apuntou, avanzando que a vindeira semana estará en disposición de informar sobre o volume da reforma, o custo aproximado e os prazos necesarios para acometer as obras “na maior prontitude posible”.