O alcalde anima a contemplar a mostra "Seis Cabezas", de Alejandro Fuertes, na Fundación Laxeiro
O alcalde inaugurou este venres a exposición "Seis cabezas", do artista Alejandro Fortes, que permanecerá aberta na sede da Fundación Laxeiro ata o 18 de maio. A mostra, elaborada con residuos recollidos na rúa para ser transformados en arte, chama á reflexión "sobre a sociedade na que vivimos", apuntou Abel Caballero, ao animar á cidadanía a contemplar a mostra.

Alejandro Fortes, destacou a "forza" dos residuos "polo depósito dicursivo filosófico, antopológico e arqueolóxico, tan potente e suxestivo". Recalcou que o "lixo é un recordatorio traxicómico de que calquera cousa, por prodixiosa que sexa, pode converterse en chatarra".
O comisario da mostra, Javier Buján, destacou o valor das pezas "case escultóricas" de Fortes, realizadas con material de refugallo. Incidiu en que a partir da estética da devastación, "hai unha reflexión sobre o efémero que é todo e como a única certeza que hai é a morte e que o resto é todo difuso porque non sabemos o que vai ocorrer no futuro". Recalcou que a programación da Fundación Laxeiro matén o obxectivo de dar a coñecer a obra de artistas novos.