O desfile das comparsas do Entroido será o sábado 1 de marzo
Abel Caballero explicou que o percorrido partirá ás 18:00h da rotonda de Isaac Peral e discorrerá por García Barbón ata a Porta do Sol.

O Concello abre a convocatoria para participar no concurso de comparsas e carrozas do Entroido 2025. O prazo de presentación das solicitudes será ata o 24 de febreiro de 2025 (este día incluído), e só poderán inscribirse aquelas comparsas integradas por un mínimo de 35 persoas. As bases poden consultarse na seguinte ligazón: https://fprelolivo.com/eventos-culturales/carnavales
Tamén se publicou no día de hoxe a convocatoria e as bases para participar no concurso de disfraces, que se realizará dentro do programa de actividades e espectáculos do Entroido 2025. Terá lugar na Porta do Sol o martes día 4 de febreiro a partir das 15:30 horas. Contará con dúas categorías: individual infantil e grupo infantil conxuntado(até os 13 anos) e individual xeral e grupo xeral conxuntado (a partir de 14 anos).
Ademáis, “xa temos os concertos anunciados, Fillas de Cassandra e a Orquestra América”, explicou Caballero. O dúo vigués abrirá o Entroido o venres 28 de febreiro cun concerto na Porta do Sol ás 22:00 horas, realizando América a súa actuación o luns 3 de marzo.