Escoitar

A arte urbana da cidade medra con 11 novos murais

O goberno municipal aproba o XI Programa municipal de pintado de murais, cun orzamento de 450.000 euros, co que “Vigo cidade de cor” suma xa máis de 190 obras de arte na rúa.

venres, 14 feb 2025
Mural de Vanesa Álvarez na Avenida de Castelao da edición de 2024
Mural de Vanesa Álvarez na Avenida de Castelao da edición de 2024

O alcalde avanzou este venres a aprobación da undécima edición do programa municipal de pintado de murais que sumará 11 novas propostas artísticas ao aire libre: “recuperamos contornas, paisaxes, ámbitos urbanos, comerciais, rurais... ámbitos que adquiren unha visualización magnífica”.

Cun orzamento de 450.000 euros, “Vigo cidade de cor” contará nesta nova edición con artistas de cinco países: Polonia, Grecia, Arxentina, México e España. Estes son os artistas e os espazos que se pintarán este ano:

- Vanesa Álvarez, paseo de Coia

- Víctor García “Play in colors”, pista de baloncesto e bancadas da Salgueira

- Ramón Amorós, muro da Asociación de Veciños de Cabral

- Dimitris Trimintzios “Taxis”, Travesía de Vigo, 138

- Expostas, en rúa Palencia, 12

- Carola Bagnato, en rúa Rosario Hernández Diéguez, 6

- Hugo Lombas “Sfhir”, Montecelo Alto, 62

- María Ortega, Sanjurjo Badía, 184

- Alegría do Prado, en rúa Rola, 116

- Dante Arcade, en pistas de baloncesto de Samil

- Dafne Tree, Santa Tegra, 71

O programa municipal de arte urbana “Vigo, cidade de cor” suma xa máis de 190 murais “somos unha das cidades do mundo con máis arte ao aire libre. Vigo é unha cidade artística e queremos que a pintura acompañe a dimensión da urbe”, engadiu o rexedor.

 

 

Descargar todas as imaxes