Escoitar

O Pazo da Raposeira abre a axenda de marzo para as visitas guiadas

O Concello abre a axenda do mes de marzo para realizar unha visita guiada ao Pazo da Raposeira, segundo anunciou hoxe o alcalde ao constatar o “éxito excepcional” da afluencia de visitantes ao histórico edificio desde a súa apertura este mes.

martes, 18 feb 2025

Abel Caballero explicou este martes que a axenda para realizar unha visita guiada ao Pazo da Raposeira ábrese cada mes e as persoas interesadas en coñecer o edificio teñen que anotarse no servizo municipal 010.

Cada visita, que é totalmente gratuíta e está organizada para grupos de entre 20 e 25 persoas, conta cunha duración de 40-45 minutos, segundo lembrou o alcalde. A visitas guiadas inclúen o percorrido por todo o edificio restaurado polo Concello, así como pola área dos xardíns.

Caballero anima a contemplar “un pazo excepcional”, incidindo en que “acabamos de poñer ao dispor da cidadanía un dos grandes pazos de Galicia”.

Horarios

MARTES:

-Mañá: ás 11 e ás 12

- Tarde: ás 17 e ás 18

VENRES E SÁBADOS:

-Tarde: 17 e 18h

- DOMINGOS:

-Mañá: ás 11 e ás 12h

-Tarde: ás 17 e ás 18h

Descargar todas as imaxes