Escoitar

A Casa das Artes acolle a mostra antolóxica de Francisco Torrón "Silencio roto"

O alcalde inaugurou este martes na Casa das Artes a mostra antolóxica “Silencio Roto” do pintor e restaurador Francisco Torrón . “A exposición, que permanecerá aberta ata o 20 de abril, combina unha forma excepcional de entender a pintura e a arte” e a continuidade da saga da familia Torrón co comisariado dirixido polo neto do artista, destacou Abel Caballero.

martes, 18 feb 2025

O rexedor remarcou hoxe, ante a primeira tenente de alcaldía, Carmela Silva, o concelleiro de Cultura, Gorka Gómez, a viúva de Francisco Torrón, Beatriz Fernández, así como dunha parte da familia do pintor e restaurador, que a obra do artista “asolaga a Casa das Artes”, proporcionando ao edificio unha “dimensión distinta” a un espazo que orixinariamente era a sede do Banco de España en Vigo.

"O título da mostra “Silencio roto”, é poesía”, afirmou o alcalde ao animar a visitar a exposición que está comisionada polo seu neto Pablo Torrón. Caballero agradeceu a Beatriz Fernández Catoyra, viúva do pintor e restaurador, a doazón do seu retrato ao patrimonio artístico municipal.

O alcalde remarcou que a mostra antolóxica responde ao obxectivo do Concello de “enxalzar a rede de museos municipais” desenvolvido baixo a dirección de José Manuel Rey García. “Vigo ten a rede de museos municipais máis importantes de España. Noutros sitios hai museos da Xunta ou do Estado e aquí non, aquí hai museos municipais. Outra vez Vigo ten que sacar o seu carácter e facer da cultura nosa propia tarefa”, afirmou o alcalde ao apuntar que “a cultura é a raíz dos pobos”.

Recuperación e investigación

José Manuel Rey destacou que a exposición responde a senllos actos de investigación, recuperación e posta en valor da obra e a figura de Francisco Torrón.

O comisario da mostra, resultado da selección entre o medio milleiro de creacións realizadas ao longo da súa existencia, incidiu na “dicotomía” do artista como restaurador do patrimonio nacional e de pintor. Lembrou que entre 1967 e 1970 restaurou un retablo no Museo Quiñones de León e a gran cruz de nácar.

Beatriz Fernández explicou que o “silencio” do artista, resultado dunha enfermidade infantil, levouNO a “ver moito máis alá” como o demostra en cada unha das súas obras.

Descargar todas as imaxes