Escoitar

A Corporación Municipal esixe á Xunta a creación de novas escolas infantís na cidade

O Pleno Ordinario do mes de febreiro aprobou, co voto favorable do BNG e o non do PP, a moción socialista que esixe máis prazas de titularidade autonómica na cidade e a bonificación do 100% da atención educativa nas escolas infantís municipais.

luns, 24 feb 2025
Olga Alonso durante a súa intervención
Olga Alonso durante a súa intervención

A concelleira de Educación, Olga Alonso, defendeu o texto baixo a premisa de que “apostar pola educación infantil é apostar por unha infancia de calidade.

Así, salientou a importancia da educación na primeira etapa, de 0 a 3 anos, “cuxa finalidade é contribuír ao desenvolvemento físico, afectivo e social das nenas e nenos” e constatou que en Galicia fan falta máis prazas de educación infantil, sendo as competencias da comunidade autónoma, censurando o feito de que as escolas infantís dependan da consellería de Política Social e non da área de Educación. “A Xunta ten que crear os espazos e os servizos necesarios para que ningún pai nin ningunha nai teñan que elixir entre traballar e coidar”, recalcou.

A moción socialista, aprobada polos socialistas e nacionalistas co voto en contra dos populares, esixe á Xunta de Galicia a creación de novas escolas infantís de titularidade autonómica en Vigo, que dean resposta á demanda de prazas necesarias na nosa cidade e reclama ao goberno da Xunta a bonificación real do 100% da atención educativa nas escolas infantís municipais viguesas.

 

Descargar todas as imaxes