Escoitar

"Libres, Fortes e Unidas", lema da programación municipal para conmemorar o Día da Muller

Abel Caballero presentou xunto a Carmela Silva, primeira tenente de Alcaldía; Ana Laura Iglesias, concelleira de Igualdade, e representantes do Consello Municipal da Muller, o programa de actos organizados para conmemorar o 8M. O Concello despregará, desde o 5 ao 22 de marzo, numerosas actividades co gallo do Día da Muller.

xoves, 27 feb 2025

O alcalde destacou hoxe, ao presentar a programación municipal organizada para o 8M, a aprobación este martes do Pacto de Estado en Contra da Violencia de Xénero co consenso maioritario das forzas políticas, coa excepción de VOX. “Significará máis recursos económicos para que os concellos poidamos seguir adiante na nosa loita contra as violencias machistas”, explicou Caballero ao incidir no “significado” do pacto de Estado.

O rexedor, tras destacar o extenso programa de actividades programadas en Vigo e remarcar que a conmemoración é “unha das máis importantes de España”, felicitou ás integrantes do Consello Municipal da Muller “polo seu traballo, acción, e polo que representades e significades”.

Participación

Elena Rodríguez, integrante do Consello da Muller, estendeu a toda a cidade a invitación para participar nos actos que se desenvolverán do 5 ao 22 de marzo “para visualizar mellor as reinvidicaciones feministas”. Incidiu en que Vigo, “unha vez máis, pon no centro da política ás mulleres e por iso queremos que todas e todos participan nestes actos tan importantes”.

Descargar todas as imaxes