Escoitar

Alento, a asociación de dano cerebral, será Viguesa Distinguida 2025

Abel Caballero deu a coñecer a designación da entidade viguesa que traballa desde hai 25 anos para mellorar a calidade de vida das persoas con dano cerebral.

xoves, 27 feb 2025

O alcalde avanzou este xoves que a Asociación de Dano Cerebral, Alento, será galardoada este ano co Premio Viguesa Distinguida no acto que se celebrará o mércores 26 de marzo no Teatro García Barbón.

Tal e como explicou, Alento cumpre 25 anos de traxectoria como entidade sen ánimo de lucro, dedicada, desde o ano 2000, á prestación de servizos especializados para mellorar a calidade de vida das persoas con dano cerebral. Desenvolven programas e servizos que propicien unha mellor calidade de vida, a inclusión sociolaboral e a defensa dos dereitos das persoas usuarias

Amais de Alento, este ano será Vigués Distinguido a título póstumo, Iván Martínez, quen fora presidente do Banco de Alimentos de Vigo, e ARVI recibirá a Medalla da Cidade.

Descargar todas as imaxes