Vigo terá 6 horas de cabalgata de Reis
mércores, 4 xan 2023A cabalgata estática na avenida Castelao comezará a recibir aos nenos e nenas a partir das 11 da mañá. A móbil comezará o seu percorrido a partir das 17:30 con saída desde praza América.
A cabalgata estática na avenida Castelao comezará a recibir aos nenos e nenas a partir das 11 da mañá. A móbil comezará o seu percorrido a partir das 17:30 con saída desde praza América.
Trátase dunha medida para nenos que estean enfermos ou non poidan achegarse por calquera outra causa de forza maior. O Belén Monumental de Casa das Artes alcanza os 129.756 visitantes.
Abel Caballero deu conta do plan de tráfico para os días dous, tres e catro de xaneiro, datas nas que se espera unha gran afluencia de persoas á cidade. “Imos redirixir aos usuarios de fóra da cidade á zona de Samil, onde haberá lanzadeiras de transporte público”, explicou o alcalde. Na fin de semana a ocupación hoteleira de Vigo foi do 85%.
A Xunta de Goberno extraordinaria celebrada o venres aprobou a contratación dos servizos de animación e a produción técnica da Cabalgata. Tamén se aprobaron as modificacións dos proxectos das obras da praza Francisco Fernández del Riego e Purificación Saavedra.
Durante a visita á montaxe das carrozas que se está desenvolvendo no Ifevi, Abel Caballero lembrou que o vindeiro xoves, 5 de xaneiro, as nenas e nenos terán a oportunidade de gozar de dúas cabalgatas: a estática pola mañá e a tradicional pola tarde.
O alcalde presentou este martes en rolda de prensa a celebración que organiza Aetravi e que financia o Concello. Terá lugar este sábado, 31 de decembro, coas badaladas do reloxo do IES Santa Irene e cinco horas de música ininterrompida.
O alcalde avanzou o desenvolvemento desta “reunión tradicional” das catro rondallas viguesas no Pavillón das Travesas cun desfile previo no exterior, na contorna da Praza de América.
Tras a reunión este xoves do Padroado da Vigo Convention Bureau, o alcalde trasladou aos medios de comunicación o balance da entidade sobre a “boa marcha do Nadal en Vigo”.
O alcalde explicou este martes en rolda de prensa que o Concello aprobou na Xunta de Goberno Local a subvención por valor de preto de 300.000€.
Abel Caballero animou a toda a cidadanía a participar no I Concurso de Microcurtas “Historias do Nadal de Vigo en 90 segundos”, tendo en conta que o prazo de entrega remata o 10 de xaneiro. Trátase de incentivar a creatividade e impulsar a cidade como plató de cinema.