Escoitar

Unha sentenza avala as medidas adoptadas polo Concello para mitigar o ruído do Nadal

A resolución xudicial defende que o Concello de Vigo si realizou medicións e actuacións destinadas a reducir a contaminación acústica, e considera que o demandante non seguiu os canles precisos para reclamar que se velaran por sus dereitos.

xoves, 5 set 2024

O Xulgado Contencioso Administrativo número 2 de Vigo vén de emitir sentenza desestimatoria nun recurso contra o Concello por suposta inactividade ao non adoptar as medidas necesarias para mitigar o ruído provocado polas festas de Nadal na campaña 2022/2023.

Segundo explicou o rexedor, a demanda desestimouse en base a dous argumentos. O primeiro deles responde á consideración de que o canle procesal é inadecuado respecto ás pretensións do demandante, tal e como reza a sentenza. “El recurrente no está legitimado para la defensa de los intereses generales, para reclamar que se adopten medidas contra la contaminación acústica en toda la ciudad, o de forma indiscriminada respecto de focos de ruido alejados de su vivienda que es el espacio sobre el que orbitan los derechos fundamentales que se abanderan como dignos de protección, intimidad e inviolabilidad de domicilio”.

O xuíz coida, ademais, que o Concello realizou toda unha serie de actuacións para mitigar os ruidos xerados polo Nadal tal e como probou achegando distintos informes técnicos. O texto recolle textualmente: “Nos conduce a entender que no ha habido inactividad por parte del Concello de Vigo en relación al control del ruido de las fiestas de Navidad, en general, tal y como se ha denunciado por el actor. Ha existido actividad, tanto antes de la reclamación actora, como después de la misma, actuaciones de carácter corrector que han perseguido y conseguido la limitación del ruido, mediante la reducción de horarios, la supresión de fuentes emisoras y un seguimiento en distintas franjas horarias, en más de cincuenta puntos de control de los registros sonométricos que se obtenían y se han plasmado en ese informe de la empresa especializada y homologada SONEN”.

Caballero subliñou o fallo “absolutamente” favorable ao Concello e destacou que se lle impuxeron as costas ao demandante.

 

Descargar todas as imaxes