O Concello oferta novos cursos no Centro de Formación e Emprego de Rúa Alta
Abel Caballero destacou que se trata dunha “oferta formativa, que ten como obxectivo mellorar a empregabilidade”. Os cursos están dirixidos a persoas en situación de desemprego, persoas beneficiarias de prestacións públicas e persoas con proxecto de inserción socio-laboral.
O alcalde anunciou esta mañá que o Concello de Vigo ofertará novos cursos no Centro de Formación e Emprego de Rúa Alta. Contará cunha “oferta formativa, que ten como obxectivo mellorar a empregabilidade”, incidindo “na redución da fenda dixital”.
Trátase de 4 cursos, totalmente gratuítos, de 40 horas con 15 alumnos en cada un, o que fai un total de 60 prazas. Os dous primeiros impártense do 23 de setembro ao 3 de novembro e os seguintes, do 4 de novembro ao 14 de decembro. Os cursos están dirixidos a persoas en situación de desemprego, persoas beneficiarias de prestacións públicas e persoas con proxecto de inserción socio-laboral. As persoas interesadas poden solicitar praza na área de Benestar Social.