O rock de Pakolas e as regueifas enchen de música diferentes espazos da cidade
O Concello organiza esta semana seis xornadas con proposta musical dobre: o rock infantil e familiar de Pakolas e a tradición das regueifas.
Desde hoxe martes, 3 de setembro e ata o sábado 7 de setembro, o público infantil e familiar poderá gozar desta programación: ás 19 horas sobre ao escenario Pakolas, Paco Cerdeira, o seu rock infantil e familiar e, a continuación, a partir das 20 horas, regueifas da man de diferentes artistas.
A música guitarreira de Pakolas e a tradición das regueifas poderá gozarse hoxe martes na Praza do Abanico no Casco Vello, o mércores 4 na zona peonil do Calvario, o xoves 5 na Alameda de Bouzas, o venres 6 na Praza da Independencia e o sábado 7 en Navia-Teixugueiras.
A programación das regueifas queda como segue: este martes 3 de agosto, Bieito e Alba, o mércores Lupe e Josinho; o xoves 5 Luís e Bieito, o venres 6 Alba e Josinho e o sábado 7 Suso e Antonio.