O goberno local xa dispón da parcela onde construirá 27 vivendas de alugueiro a prezo taxado
O alcalde informou de que a Xerencia de Urbanismo aprobou a recepción deste polígono en Esturáns onde se construíu unha nova rúa e a parcela dotouse de servizos.

Abel Caballero deu conta da aprobación na Xerencia de Urbanismo da recepción definitiva das obras de urbanización dun polígono en Esturáns. Trátase da parcela onde o Concello promoverá 27 pisos de alugueiro a prezo taxado. Segundo informou o alcalde, esta cuestión terá que someterse á aprobación tamén da Xunta de Goberno.
Caballero explicou que a urbanización desta área en Esturáns inclúe un novo vial e xa ten dotacións en servizos de saneamento, pluviais e iluminación.