Escoitar

O Concello ampliará en 400 prazas as viaxes pola ría do programa “Vigo, cidade amiga dos maiores”

Abel Caballero destacou que se trata de “viaxes totalmente gratuítas” no mes de setembro, a bordo do Nautilus, “unha embarcación dotada cunha panorámica de 360 grados, que está especialmente preparada para a interpretación do medio mariño”.

martes, 3 set 2024

O programa municipal de avellentamento activo, “Vigo, Cidade Amiga dos Maiores”, contará con 400 prazas máis para realizar as viaxes pola ría. Trátase dun traxecto diario, en horario de 12 a 13:30 horas, nas seguintes datas: 18, 19, 20, 24, 25, 26, 27 e 28 de setembro.

O rexedor informou que ao longo das 49 viaxes programadas durante os meses de maio, xuño e xullo, 2.600 persoas coñeceron a ría dentro do programa de avellentamento activo, “Vigo, Cidade Amiga dos Maiores”. Coas novas prazas “imos estar por enriba dos 3000 viaxeiros”, sinalou Caballero, para animar a formalizar as reservas “a través do servizo 010 ou ben en calquera asociación de veciños”.

As visitas realizanse a bordo del “Nautilus”, “unha embarcación dotada cunha panorámica de 360 grados, que está especialmente preparada para a interpretación do medio mariño”.En cada visita participarán 51 persoas en prazas ordinarias e 3 con mobilidade reducida.

 

Descargar todas as imaxes