Escoitar

O Concello retoma os obradoiros de reforzo educativo para os usuarios do programa Infancia e Familia

Comezan de novo os obradoiros de reforzo educativo para as familias inscritas no programa municipal Infancia e Familia. Son 100 prazas para estudantes de Primaria e Secundaria que reciben tamén formación en aspectos como a xestión e expresión de emocións, o respecto ou a igualdade.

luns, 2 set 2024

Abel Caballero deu conta esta mañá do inicio dos obradoiros de reforzo educativo para familias usuarias do programa Infancia e Familia. Comezarán o 11 de setembro, coincidindo co inicio do curso escolar, e rematarán a finais de xuño. As actividades desenvólvense de luns a xoves entre as 16,30 e as 19,30h.

Segundo explicou o rexedor, son 100 prazas, 50 para estudantes de Primaria e 50 para estudantes de Secundaria e as clases impártense nos centros municipais de servizos sociais de Coia, Rivera Atienza, Teis e Rúa Alta.

Os obradoiros estrutúranse en dúas partes. Na primeira realízanse tarefas de reforzo escolar para que os menores fomenten a súa autonomía á hora de estudar. E, na segunda parte, as educadoras realizan obradoiros de contido socioeducativo, incidindo na xestión e expresión de emociones, o respecto, a igualdade e demais contidos tendo en conta as idades e as carencias detectadas (hixiene, alimentación saudable, drogas, sexualidade, redes sociais, etc.).

 

 

Descargar todas as imaxes