O campo das Travesas, aberto para o seu uso tras unha remodelación de 350.000 euros
O alcalde achegouse este venres ao espazo no que o Concello investiu 350.000 euros que permitiron a súa “remodelación integral” e que xa está dispoñible para ser usado polos diferentes clubs. Conta cun novo céspede artificial con categoría Fifa, adaptado para fútbol e hóckey sobre herba, renováronse as redes de rego e de augas pluviais e instalouse un peche perimetral de altura ao redor do campo para protexer a pista de rodadura na que se practica bicicleta ou patinaxe.



