Prolóngase ata finais de setembro o servizo nocturno de bus da tempada de verán
O alcalde informou esta mañá que "conta con un uso moi elevado" con "preto de 32.000 viaxeiros este verán".
Este servizo, arrancou o 14 de xuño e tiña como data de finalización o 31 de agosto, pero como desvelou Abel Caballero "amplíase de forma extraordinaria ata o 28 de setembro". Esta prolongación ten como obxectivo analizar o funcionamento das liñas no mes de setembro, unha vez rematada a tempada estival e a cidadanía volva á rutina habitual.
"A liña máis empregada foi a N1, que conecta a rúa Bos Aires ata Samil, a cal transportou a máis de 19.800 viaxeiros", especificou o rexedor. O servizo nocturno "conta con un uso moi elevado" con "preto de 32.000 viaxeiros este verán".
Liñas do servizo nocturno
A C1 Nocturna continuará funcionando en setembro no mesmo horario, dende as 22.50 ás 05.15 horas, cunha frecuencia de 30 minutos, facendo o seu percorrido habitual. Desta forma, os venres, sábados e vésperas de festivos a liña C1 dará un servizo ininterrompido durante as 24 horas. Desta forma, os venres, sábados e vésperas de festivos a liña C1 dará un servizo ininterrompido durante as 24 horas, a primeira vez que a cidade conta con este tipo de servizo.
A liña N4 continuará funcionando dende ás 23.35 ás 06.03 horas cubrindo a demanda de novas zonas que non contaban con servizo nocturno ata este verán como Navia, Balaídos, Martínez Garrido ou Gregorio Espino.
Pola súa parte, a líña N1 seguirá ofrecendo o seu servizo habitual de domingo a xoves de 23:00h a 03:49h e venres, sábado e vésperas de festivo de 22:50h a 06:31h.
Paradas a demanda
Dende 2018 existe un servizo de paradas a demanda dirixido a mulleres que viaxan soas. Este servizo está dispoñible todos os días do ano e permite solicitar o punto de baixada que desexen entre as diferentes paradas do percorrido.