Escoitar

O venres arranca a XI Ruta dos Pinchos de Teis

Abel Caballero participou esta mañá na presentación da nova edición, que se levou acabo na contorna do Mercado. As propostas gastronómicas dos 11 establecementos da zona que participan, estarán dispoñibles entre o venres 30 de agosto e o domingo 15 de setembro. O rexedor destacou o legado deste evento, que xa "se converteu nunha cita tradicional" e que "fomenta a asistencia aos establecementos da contorna", para rematar convidando a "toda a cidade" a probalos e puntualos.

xoves, 29 ago 2024
Descargar todas as imaxes