Escoitar

Abel Caballero: “O Concello de Vigo pagará o 80% da subida que Sogama impón á cidadanía viguesa”

O rexedor vigués desvelou esta mañá que será o ente municipal o que se faga cargo da maior parte do incremento na tasa de Sogama, que aumenta en 3,2 millóns de euros.

xoves, 29 ago 2024

“Non llo imos a repercutir a cidadanía”, afirmou de xeito taxativo Abel Caballero, para continuar sinalando que se trata “dunha subida escalofriante” por parte “de Sogama, co beneplácito da Xunta de Galicia”. A subida elévase ata os 3,2 millóns de euros, o que para o rexedor trátase dunha nova mostra de “que o presidente Alfonso Rueda esta esquilmando a esta cidade”.

Finalmente, Abel Caballero desvelou que “o Concello de Vigo pagará o 80% da subida que Sogama impón á cidadanía viguesa”, facéndose cargo os fondos municipais da maior parte do aumento da taxa.

 

Descargar todas as imaxes