Abel Caballero: “Vigosónico consolídase como un referente da formación técnica e creativa para a industria musical e a creación de contidos”
O rexedor anunciou a apertura de inscricións para o curso 2024/2025 a partir do luns 2 de setembro, mediante a web municipal. Entre as novidades, destaca a apertura da súa nova sala de podcast.
Vigosónico lanza o seu novo ciclo formativo 2024-2025, consolidándose “como un referente na formación técnica e creativa para a industria musical e a creación de contidos”. O Concello de Vigo destina ao desenvolvemento das actividades desta instalación municipal case 100.000 euros.
Caballero destacou que este ano Vigosónico “contará cunha nova sala de podcast, equipada con ferramentas de gravación e un espazo acústicamente acondicionado”, especialmente deseñado para creadores de contido. Esta nova infraestrutura reforza e amplía a oferta máis alá da música para abarcar tamén a creación de contido dixital.
A través da área de “Campus Vigosónico” facilita o acceso as múltiples facetas do ámbito musical e creativo, a través de profesionais do sector. Proporciona unha plataforma onde os participantes poderán involucrarse en proxectos creativos, intercambiar coñecementos e explorar novas posibilidades na industria. “Academia Vigosónico” realiza unha formación musical dende a base, impartindo cursos de iniciación en baixo, batería, guitarra e canto. Esta área está dirixida a mozos intérpretes de entre 10 e 35 anos.
Ao longo do ano Vigosónico conta contará con múltiples obradoiros. O curso comeza en setembro con obradoiros como o “Obradoiro de composición e creación de cancións” e o “Obradoiro práctico de podcasting”. En outubro, estarán dedicados á creación de podcasts e se centrarán en obradoiros de incubación sobre produción musical e dereitos de autor.
Tamén ofrecerá actividades lúdicas baixo o programa “Vigosónico Xoga”. Novembro traerá consigo sesións de “Iniciación DJ”. O curso estenderase ata 2025, incluíndo obradoiros especializados en produción de eventos musicais, técnicas de gravación e mestura, e o evento especial "Demosónico".