Vigo recupera a conexión aérea con Valencia para a tempada invernal
Abel Caballero anunciou que, desde o inicio da tempada de inverno, o 27 de outubro, e ata finais do mes de marzo, Air Nostrum conectará Vigo coa cidade do Turia con dúas frecuencias semanais.

O alcalde amosou a súa satisfacción, sinalando que “Vigo mostra o seu poderío para atraer voos”, xa que como recordou, “esta ruta operaba con apoio do Concello” pero neste intre “funciona a mercado”.
Así, Air Nostrum comenzará a operar o voo Vigo-Valencia o próximo luns 28 de outubro día do voo inaugural. Os voos serán os luns e os venres, realizando o Valencia – Vigo ás 8:45 horas, para posteriormente realizar ás 11:00 horas o Vigo – Valencia.