O areal de Samil atópase libre de cortaventos e obstáculos
Ante a proliferación repentina do uso de cortaventos na praia de Samil, o Concello de Vigo realizou esta mañá un operativo de información aos usuarios. Axentes da Policía Local achegáronse ás persoas que se atopaban no areal, utilizando este tipo de utensilios, para informarlles da prohibición desta práctica, como así recolle a Ordenanza reguladora do uso e goce das praias, aprobada en 2021. Coa colaboración cidadá a praia quedou liberada de cortaventos ao longo da mañá de hoxe. As multas polo uso destes dispositivos sitúase entre os 751€ e os 1.500€.
Descargar todas as imaxes