Aprobadas na última semana 57 axudas de emerxencia por 16.900 euros
Abel Caballero explicou que o Concello de Vigo destinou, dende comezos de ano, 2.928 axudas por un importe de 988.776€.

“Estamos aproximándonos ás 3.000 axudas no que vai de ano”, sinalou o rexedor, explicando que o volume total de axudas de emerxencia esta preto do millón de euros.
Na última semana, o Concello concedeu 57 axudas de emerxencia por un valor de 16.900 euros. Destacan 20 axudas para alugueiro por 8.634€ e 19 para alimentación cun importe de 5.775€. Caballero destacou que “as axudas de emerxencia do Concello son compatibles co Ingreso Mínimo Vital”.